Zaragoza
Zaragoza
Provincia da Comunidad Autónoma de Aragón (17.194 km 2; 861.855 h [1991]). A capital é Zaragoza. A poboación concéntrase na capital pero tamén destacan os núcleos de Calatayud (18.019 h [2001]), Ejea de los Caballeros (16.048 h [2001]), Utebo (11.896h [2001]), Tarazona (10.580 h [2001]), Caspe (7.896 h [2001]) e Tauste (7.043 h [2001]). A creación de canais permitiu o desenvolvemento do regadío (hortalizas, froiteiras, remolacha azucreira e millo). Do secaño destaca a vide e a oliveira. A industria céntrase nos arredores da capital e está moi diversificada.