Zeeman, efecto
Zeeman, efecto
[FÍS]
Desdobramento de cada unha das liñas dun espectro atómico en diversas novas liñas dispostas simetricamente respecto ás iniciais, cando os átomos produtores do espectro son sometidos a un campo magnético. A separación das liñas desdobradas é proporcional á intensidade do campo magnético aplicado. Descuberto por Zeeman en 1896, significou, no caso do hidróxeno, unha confirmación da teoría clásica do átomo de Bohr.