Zenón de Verona,

Zenón de Verona,

san (África proconsular? - Verona 380?) Bispo de Verona (356?-380?). Escritor e predicador, distinguiuse polas numerosas homilías sobre o bautismo e a liturxia pascual. Represéntase vestido de bispo e leva como atributo persoal un peixe, xa que parece que pescaba a súa comida no río, e, ás veces, un demo ou un poseso. A súa festividade celébrase o 12 de abril.

Palabras veciñas

Zenón | Zenón | Zenón de Cition | Zenón de Verona, | Zenopsis | Zentrum | zenxita