Zhejiang

Zhejiang
Nome científico: [Wade:Chekiang]

Sheng de China, na rexión do Leste (100.000 km 2; 46.770.000 h [2000]). A capital é Hangzhou. Territorio costeiro no mar da China Oriental, esténdese ao S do delta do Iang-Tsé. É unha rexión montañosa accidentada por diversas serras que non superan os 2.000 m e regada polo Fuchun. Só ao N é chá, xa que forma parte da chaira aluvial do Iang-Tsé. Cultívase arroz, algodón, soia e té. Ten minas de carbón e salinas e industrias téxtiles, do papel e do calzado.

Palabras veciñas

Zhanjiang ou Tsamkong | Zhao Ziyang | Zhaoqing | Zhejiang | Zheng | Zhengzhou | Zhenjiang