zhuang*

zhuang*
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos zhuang.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo zhuang.

  3. s m pl [ETN]

    Grupo étnico da familia tai que habita ao SL de China, sobre todo na rexión autónoma de Guangxi Zhuang (90% da poboación) e en áreas autónomas dentro das provincias de Yunnan e Guangdong. Viven do cultivo de arroz, son animistas e veneran os espíritos dos antepasados. Constitúen a minoría máis numerosa de China.

  4. s m [LING]

    Lingua tai-kadai do phylum áustrico que fala o pobo zhuang.

Palabras veciñas

Zhu De | Zhu Xi | Zhu Yuanzhang | zhuang* | Zhuangzi | Zhuyin ou Zhulong | Zhuzhou