Zipt, lei de

Zipt, lei de
[LING]

Lei establecida polo psicólogo e psicolingüista estadounidense George Kingsley Zipt (1902-1950), que estableceu a relación entre a complexidade dos fonemas e a súa frecuencia: a complexidade dos fonemas e, semellantemente, a lonxitude das palabras é inversamente proporcional á súa frecuencia. Esta lei responde ao principio do mínimo esforzo dos usuarios da lingua. Segundo o que a lingua ideal para o falante estaría formada só por unha soa palabra, mentres que para o que escoita sería a que posúe para cada significado unha palabra diferente. Aplicando esta lei á fonoloxía, Trubeckoj formulou a que di que: dos dous termos dunha oposición privativa, o termo non caracterizado aparece máis a miúdo na cadea falada ca o termo caracterizado.