Zuiderzee
Zuiderzee
Antigo golfo do mar do Norte, na costa setentrional dos Países Baixos. Formouse no s XIII. A construción dun dique de 30 km, acabado en 1932, pechou o golfo, converteuno no lago de Ijssel e permitiu a formación de grandes pólders.