Zúñiga
Zúñiga
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de La Rioja navarra que se estableceu en Castela a finais do s XIII e que a partir do s XV cambiou a grafía Stúñig’ ou Estúñiga pola de Zúñiga. Probablemente o seu xenerarca foi o infante Afonso de Pamplona, irmán do Rei García VI, que casou con Sancha Íñiguez, señora de Stúñiga. O seu descendente Íñigo Ortiz de Stúñiga, señor de Stúñiga, pasou por Castela en 1274. A liña principal foi a dos duques de Béjar, e outras liñas destacadas foron as dos marqueses de Villorados, dos condes de Miranda del Castañar e duques de Peñaranda de Duero, dos baróns de Castellvell de Rosane e a dos condes de Monterrey.