ferrosilicio

ferrosilicio

(< ferro- + silicio)

s m [IND]

Aliaxe de ferro e silicio, cun 22 a 95% de Si, que se emprega na desoxidación e na fabricación de aceiros especiais para usos eléctricos, para a construción e na fabricación de resortes. Obtense en forno eléctrico por redución de ferralla en presenza de cuarzo e coque ou carbón vexetal. Para porcentaxes de silicio inferiores ao 15%, pódese obter en alto forno.