ferrotungsteno
ferrotungsteno
(< ferro- + tungsteno)
s
m
[IND]
Aliaxe de ferro e tungsteno, cun 75 a 85% de W, que se emprega na estabilización dos carburos por fixación de carbono, para mellorar os resultados da temperanza dos aceiros e para a obtención de aceiros de corte rápido. Obtense por aluminotermia do óxido de tungsteno ou en forno eléctrico.