Feulgen, reacción de

Feulgen, reacción de
[BIOQ]

Reacción de coloración característica do ácido desoxirribonucleico que se produce cando se trata, en medio ácido, co reactivo de Schiff, que reacciona co grupo aldehido da desoxirribosa do ADN e toma cor. Emprégase en citoquímica para a localización do ADN en preparacións histolóxicas e para o estudo dos cromosomas.