fiabilidade
(< fiable)
-
s
f
Calidade de fiable.
-
s
f
[MAT]
Cantidade de crenza posta nun resultado ou nunha medida.
-
s
f
[TECNOL]
Medida da confianza que se pode ter no funcionamento correcto dun sistema ou dun dos elementos que o compoñen. Pódese estudar a fiabilidade dun elemento e a do sistema no seu conxunto, en función do tempo, mediante tres nocións interrelacionadas: a supervivencia, a duración da vida e a probabilidade condicional de fallo ou avaría; destas, a máis instrutiva é a terceira. Cando a proporción de fallos é inicialmente elevada, denomínanse enfermidades infantís do sistema e procúranse eliminar rapidamente os elementos susceptibles de avaría prematura; nun segundo período prodúcense fallos aleatorios ocasionados só polo azar, sen previsión posible; o terceiro período é o de desgaste progresivo, no que pode ser conveniente substituír certos elementos para evitar avarías en momentos intempestivos, nunha operación chamada substitución preventiva.