1 fiado -da

1 fiado -da

(< 1 fiar)

  1. p reg

    de fiar.

  2. s m
    1. Acción de fiar.

    2. [IND]

      Conxunto de operacións que permiten obter un feixe de filamentos artificiais ou sintéticos, a partir da materia prima en forma de masa viscosa. Este procedemento consiste basicamente en someter a masa fluída a unha extrusión a través dunha fieira. En función da solidificación do filamento que se obtén, fálase de fiado por fusión, fiado en mollado e fiado en seco.

  3. s m

    Fibra téxtil que se obtén despois de fiar. OBS: Normalmente emprégase en plural.

    Ex: Os fiados galegos sonche moi apreciados.

  4. s m

    Desenvolvemento e sucesión das ideas ou razoamentos que forman un discurso.

    Ex: Tiráronlle polo fiado para que lles contase os detalles da discusión.

Palabras veciñas

2 fiada | fiadeira | fiadeiro | 1 fiado -da | 2 fiado -da | 2 fiado -da | 2 fiador -ra