fibrinolítico -ca
fibrinolítico -ca
(< fibrinólise)
adx e s
m
[MED]
Aplícase ao axente que activa a lise dos coágulos de fibrina. Entre os axentes fibrinolíticos máis empregados en medicina están a estreptoquinase e a uroquinase, que actúan estimulando a conversión do pasminóxeno en plasmina, enzima proteolítico que hidroliza a fibrina.