fibroscopio

fibroscopio

(< fibr- + -scopio)

s m [TECNOL/MED]

Tipo de endoscopio que basea o seu funcionamento nas propiedades da fibra óptica. Consta dun feixe de fibras ópticas, arredor dunhas 50.000, que leva a imaxe do extremo distal ao proximal do tubo do fibroscopio; cada unha das fibras ópticas transmite un punto da imaxe, e xuntas forman a imaxe completa que se amplía mediante un sistema óptico.

Palabras veciñas

fibroplasia | fibrosarcoma | fibroscopia | fibroscopio | fibrose | fibrosite | fibroso -sa