fición
(< lat fictĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de finxir.
Ex: Sei que as súas lágrimas eran pura fición.
-
-
s
f
Invención ou creación da imaxinación.
Ex: O protagonista non existiu, é só un personaxe de fición.
-
s
f
[LIT/IMAX]
ciencia fición.
-
ficción dramática
[ESPECT]
Fábula a partir da que o dramaturgo configura un mundo dramático coas súas propias normas e regras. A ficción dramática que se traslada do autor ao lector pasa a ser unha ficción teatral por medio da escenificación, na que interveñen actores, o director de escena e outros artistas como iluminadores, escenógrafos ou maquilladores. A natureza desta segunda ficción é máis complexa, pois non só os actores asumen o carácter ficional do mundo que interpretan, senón que os espectadores asumen a convención de que un acto de simulación se poida considerar como unha realidade completa en si mesma. A maneira de presentar esta dobre natureza ficional do teatro ten dado lugar a diferentes orientacións estéticas, pois todas elas sempre teñen como punto central de referencia dos seus postulados o carácter ilusionista da escenificación ou a súa negación.
-
ficción legal
[DER]
Técnica xurídica que consiste en atribuír legalmente a determinadas persoas ou cousas unha calidade ou unha condición que non teñen de seu para poder outorgarlles, por razóns de equidade, uns efectos determinados. Así, por exemplo, o dereito internacional establece a de extraterritorialidade.
-
ficción poética
[LIT]
Aquilo que o poeta ou o escritor imaxina que sucedeu.
-
s
f