Fick, leis de

Fick, leis de
[QUÍM]

Leis da difusión material ou transporte da materia polo movemento térmico das partículas. A primeira lei de Fick di que a velocidade de difusión é proporcional ao gradiente do potencial químico das substancias que se difunden, é dicir, do gradiente das concentracións destas substancias en condicións ideais. A derivada da concentración das substancias que se difunden, en relación co tempo, pódese deducir a partir da primeira lei de Fick, e o resultado exprésase mediante unha ecuación diferencial que constitúe a segunda lei de Fick.