1 fiel

1 fiel

(< lat fĭdēle, de fĭde ‘fe’)

  1. adx Antónimos: infiel.
    1. Que ten ou garda lealdade, sen faltar ao prometido ou ao debido a alguén ou a algo.

      Ex: Sempre lle foi fiel ao seu home. Ten unha fiel colaboradora nas súas investigacións. A pesar das presións que recibiu continuou sendo fiel ao seu modo de pensar.

      Sinónimos: leal. Antónimos: infiel.
    2. Aplícase ao animal que demostra apego e obediencia polo seu amo.

      Ex: O can está considerado como un dos animais máis fieis.

      Antónimos: infiel.
  2. adx

    Que se corresponde con exactitude coa realidade.

    Ex: Fixo unha fiel descrición dos feitos acaecidos.

  3. adx e s [RELIX]

    Que ou quen segue ou practica unha determinada relixión. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

    Ex: Os fieis oraban diante dunha estatua de Buda.

    Antónimos: infiel. Confrontacións: crente.

Palabras veciñas

fieital | fieiteira | fieito | 1 fiel | 2 fiel | fiela | fielato