Figueiredo
Figueiredo
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Figueroa, no concello de Abegondo, emparentada cos Figueroa. As súas armas traen, en campo de goles, cinco follas de figueira, de sinople, perfiladas de ouro, e postas en aspa. Outra variante presenta, en campo de ouro, tres follas de figueira, de sinople, mal ordenadas.