filacterio

filacterio

(< lat phylacterĭu < gr ϕυλακήριον)

  1. s m

    Amuleto que se usaba antigamente.

  2. s m [RELIX]

    Cada unha das dúas bandas de pergameo con inscricións da Toráh que, dende o exilio, os xudeus colocan na fronte e no brazo esquerdo nas oracións da mañá dos días non festivos.

  3. s m [ESPECT]

    Fita empregada polos artistas medievais e renacentistas para comunicar ao espectador o texto dito por un dos personaxes representados. Foron moi usados en temas como os da Anunciación. Son un antecedente da forma de expresión do texto dos cómicos e das fotonovelas.

Palabras veciñas

2 fil(o)- | 3 fil(o)- | fila | filacterio | filactolemado -da | Filadelfia | filadelfo -fa