filamento

filamento

(< lat tardío filamentu, de filu ‘fío’)

  1. s m

    Corpo ou elemento filiforme.

  2. s m [BOT]

    Parte inferior do estame que sostén a antera.

  3. s m [FÍS]

    Fío metálico moi fino e dunha elevada resistencia que se volve incandescente ao pasar a corrente eléctrica. Emprégase para producir luz nas lámpadas de incandescencia e para a emisión de electróns nos tubos electrónicos. O filamento, xeralmente de tungsteno, vai dentro dunha ampola de vidro na que se fai o baleiro ou que contén un gas inerte.

  4. [ANAT]
    1. filamento mesentérico

      Nome que se dá ao engrosamento que presentan os septos dos cnidarios antozoos na marxe libre da cavidade gastrovascular.

    2. filamento urticante

      Pequeno corpo filiforme dos cnidoblastos e cnidarios.

  5. s m [ASTRON]

    Nube situada no límite entre a cromosfera e a coroa do Sol, que presenta un aspecto filamentoso. A súa densidade é superior á do seu contorno, pero a súa temperatura é inferior.

  6. filamento uretral [PAT]

    Cada un dos corpúsculos abrancazados, longos e finos, que se localizan nos ouriños dos enfermos de uretrite.

Palabras veciñas

Filadelfia | filadelfo -fa | filame | filamento | filamentoso -sa | Filamón | filandra