filodendro

filodendro

(< 2 filo- + grδένδρος ‘árbore’)

s m [PLANTA]

Arbusto ou enredadeira do xénero Philodendron, da familia das aráceas. Caracterízase por presentar talos grosos con raíces adventicias; follas perennes, coriáceas, de pecíolo longo, que poden ser sinxelas ou compostas; flores unisexuais, carentes de perianto e dispostas en inflorescencias que contan cunha espata carnosa de cor branca ou verdosa con manchas purpúreas formando un tubo ao redor do espádice; e froitos en bagas. Existen unhas 400 especies distribuídas nas rexións tropicais e subtropicais de América. Algunhas delas cultívanse, en todo o mundo, como ornamentais polo valor estético das follas.

Palabras veciñas

filoclodio | Filocrates | Filoctetes | filodendro | filodia | filodial | filodifusión