filópodo -da
filópodo -da
(< filo + -podo)
-
adx
Relativo ou pertencente aos filópodos.
-
s
m
[ANIMAL]
Crustáceo do grupo dos filópodos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Grupo de crustáceos, da clase dos branquiópodos, que abrangue as ordes dos notostráceos, nos que a cuncha forma un ancho escudo dorsal, e dos concostráceos, cunha cuncha bivalva que agocha o resto do corpo.