financiamento

financiamento

(< financiar)

  1. s m [ECON]

    Acción de financiar. Segundo a súa procedencia, clasifícase en interno, cando se recorre a fontes provenientes da actividade habitual ou da unidade económica (autofinanciamento), ou achéganas individuos pertencentes a esta unidade; e externo, se se recorre a algunha das institucións do sistema financeiro, circunstancia que representa un endebedamento.

  2. financiamento subordinado [ECON]

    Financiamento no que se renunciou ao dereito de cobro preferente fronte a outros acredores.

Palabras veciñas

financeira | financeiro -ra | Financial Times | financiamento | financiar | finanzas | finar