finoúgrio -gria
finoúgrio -gria
(< finés + ugrio)
-
adx
Relativo ou pertencente ás linguas finoúgrias.
-
linguas finoúgrias
[LING]
Familia de linguas que pertence ao phylum urálico, que se estende desde o Ártico ata os Balcáns, entre Escandinavia e os Urais. Divídese en dous subgrupos: o fínico, que agrupa o saami ou lapón, livonio, estoniano, ingrio, vepsio, carelio, livvi, ludio, finlandés, mari, mordovino, komi e udmurto, e o subgrupo ugrio que inclúe o húngaro, ou maxiar, khanti e mansi.