Fírgoas

Fírgoas
[LIT]

Libro de poemas da autoría de Manuel Luís Acuña publicado pola editorial Nós en 1933 baixo o título Fírgoas. Poemas (1930-1931) e que tivo unha segunda edición no ano 1979 que incluíu nove composicións máis. O libro está cheo de pegadas hilozoístas e doutras tendencias da vangarda, mesturadas con elementos clásicos e influencias de escritores como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez ou Amado Carballo.