FIS
FIS
Nome científico:
[Fronte Islámica de Salvación]
Grupo político creado en 1989 polo movemento islámico alxeriano para loitar por un cambio político e por un proxecto de sociedade islámica. Tras obter a maioría na primeira volta das eleccións para a Asemblea Nacional en 1991, a dimisión do presidente e a toma do poder polos militares trouxo consigo a súa ilegalización (1992) e o inicio dun conflito armado entre o goberno e os islamistas.