Fisterra, Santo Cristo de
Fisterra, Santo Cristo de
Romaría que se celebra en Fisterra e na que se venera o Cristo da Barba Dourada, conservado na capela do Santo Cristo da igrexa de Santa María das Areas. Segundo a lenda, a imaxe chegou por mar e foi recollida polos veciños na praia. Trátase duna imaxe gótica con brazos articulados para poder facer o desencravo á que, segundo a tradición popular, por obra de Nicodemo lle crece a barba e as unllas. A festa celébrase na Semana Santa.