fístula

fístula

(< lat fistŭla)

  1. [PAT]
    1. s f

      Traxecto anormal, conxénito ou adquirido, a través do que pasa un líquido fisiolóxico ou patolóxico que impide a cicatrización.

    2. fístula anal

      Fístula do extremo inferior do recto ou das súas proximidades.

    3. fístula arteriovenosa

      Comunicación patolóxica, conxénita ou debida a unha ferida, entre unha arteria e unha vea.

    4. fístula estercoraria

      Fístula que comunica os intestinos coa pel do abdome e pola que xorde materia fecal.

    5. fístula pulmonar

      Comunicación do parénquima pulmonar cos bronquios, a pleura e o exterior.

    6. fístula umbilical

      Fístula que aparece no embigo.

  2. s f

    Instrumento musical semellante á frauta.

Palabras veciñas

Fisteus | Fisteus | fistor | fístula | fistular | fistuloso -sa | fisura