fitofarmacoloxía

fitofarmacoloxía

(< fito- + farmacoloxía)

s f [BOT]

Rama da fitopatoloxía que trata da química, a formulación e a aplicación dos produtos e as materias que se empregan no control das pragas e enfermidades das plantas, e tamén dos correctores que se utilizan habitualmente para regular algúns procesos fisiolóxicos.

Palabras veciñas

fitófago -ga | fitofarmacia | fitofármaco | fitofarmacoloxía | fitofisioloxía | fitoflaxelado -da | fitoglea