fixador -ra
(< fixar)
-
adx
Que fixa ou serve para fixar.
-
s
m
Substancia que se usa para fixar e manter a forma dun peiteado.
-
s
m
Substancia ou líquido que se pulveriza sobre os debuxos e pinturas para fixalos.
-
s
m
[BIOL]
Axente físico ou químico que provoca a fixación. Os axentes físicos máis comúns son a calor e a conxelación. Os axentes químicos son reactivos de doada penetración nos tecidos, como o formol, o ácido acético, o alcohol etílico, o ácido ósmico, o ácido clorhídrico ou o ácido nítrico. O seu uso varía segundo a natureza do tecido ou do organismo que se quere conservar.
-
s
m
[QUÍM/TECNOL]
Substancia empregada no proceso de tinguidura das fibras téxtiles. Xeralmente son óxidos ou sales metálicos, ou ben substancias poliméricas.
-
s
m
[IND/ARTE]
Solución química que se emprega para facer insensibles á luz e para fixar os materiais fotográficos que se acaban de revelar. Os fixadores poden ser ácidos, rápidos, ultrarrápidos, etc. Xeralmente, o fixador fórmase por unha solución de hiposulfito sódico anhídrico, que disolve os sales de prata non impresionados.
-
fixador do nitróxeno
[ECOL]
Organismo capaz de asimilar o nitróxeno atmosférico e de incorporalo á materia orgánica. Son fixadores de nitróxeno as cianofíceas e certas bacterias como Azotobacter e Rhizobium.