flavio -via

flavio -via

(< Flavia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á dinastía Flavia.

  2. arte flavia [ARTE]

    Arte romana da época dos emperadores da primeira dinastía Flavia. Desenvolveron unha arquitectura práctica e de carácter social. Entre os principais monumentos construídos destacan o anfiteatro Flavio, inaugurado por Tito no ano 80 e coñecido dende o s VII como o Coliseo; o arco de Tito; o foro de Vespasiano; a domus Flavia no Palatino, iniciada por Vespasiano e rematada por Domiciano; e o foro Transitorium, iniciado por Domiciano e coñecido tamén como foro de Nerva, emperador que o rematou. A escultura caracterizouse polo realismo das imaxes dos emperadores e polos peiteados das mulleres. Polo que respecta ao relevo destacan os das paredes interiores do arco de Tito. No eido da pintura desenvolveuse o cuarto estilo pompeiano.