flavoproteína

flavoproteína

(< lat flavu ‘amarelo’ + proteína)

s f [BIOQ]

Calquera dos enzimas de oxidación-redución, coñecidos como oxidorredutases, que conteñen un grupo prostético derivado da riboflavina. Algunhas flavoproteínas conteñen o FMN, pero a maioría conteñen o FAD. Entre as flavoproteínas que oxidan directamente os metabolitos existen algunhas que poden transferir electróns directamente ao osíxeno molecular; mentres que outras, como as flavinadeshidroxenases, transfiren electróns dos metabolitos aos citocromos ou a un portador intermediario.

Sinónimos

Palabras veciñas

flavoenzima | flavona | flavonoide | flavoproteína | flaxelación | flaxelado -da | flaxelador -ra