flegmático -ca
flegmático -ca
(< lat phlegmatĭcu < gr ϕλεγματικός)
-
adx
Relativo ou pertencente á flegma.
-
adx e s
Que ou quen ten flegma.
Ex: É un bo rapaz aínda que o seu carácter é un pouco flegmático. O flegmático do teu amigo chegou dúas horas tarde.
-
adx
[PSIC]
Aplícase a un dos oito tipos caracterolóxicos de Heymans-Wiersma-Le Senne, caracterizado pola calma, o dominio das reaccións e a orde.