Flémalle, mestre de

Flémalle, mestre de

Nome co que en 1898 M. von Tschundi designou o anónimo autor da produción pictórica con anterioridade asignada á primeira época de Rogier van der Weyden. O nome procedía da incerta crenza de que as táboas atribuídas a este mestre conservadas no Städelshes Kunstinstitut de Frankfurt del Main (Mal ladrón, Virxe, Verónica e a Trindade) proviñan da abadía de Flémage-les-Liège. Identifícase con Robert Campin.