flipper*

flipper*
s m [XOGO]

Máquina inventada nos EE UU, coa que se practica un xogo que consiste en obter un número de puntos facendo correr de maneira sucesiva unhas bólas por un plano inclinado con obstáculos que, ao ser tocados pola bóla, a proxectan en diferentes direccións. O xogador ten que impedir, movendo dúas aletas (de aí o nome da máquina), que a bóla se introduza nun buraco da parte inferior do plano.

Palabras veciñas

flint* | Flint, Frank Stewart | flip-flop* | flipper* | flirt* | flirtear | flitena