Flor de namorados

Flor de namorados

Escolla impresa de poesías líricas en castelán e catalán, e de romances en castelán. A primeira edición coñecida realizouse en Barcelona en 1562 e a derradeira en 1681. A primeira edición consta de 280 pezas, unha delas é bilingüe e catro están en catalán. A máis coñecida é Bella de vós só enamorós. A partir de 1601 a escolla aumentou con máis coplas catalanas e coa canción Los comendadores. O autor é Joan Timoneda, que a debeu editar en València en 1556 ou en 1557.

Palabras veciñas

flor | flor | Flor | Flor de namorados | Flor Vaamonde, Xácome de la | Flor Vaamonde, Xoán de la | Flor, Roger de