Florencio/Florencia
Florencio/Florencia
[ONOM]
Antropónimo derivado do latín Florentius, e este de florens, florentis ‘que florece, que está en flor’, cognome romano formado a partir do participio presente do verbo floreo ‘florecer’. Por mor do seu carácter augural, usárono moito os primeiros cristiáns; así, entre os mártires e santos que o levaron, destacan o bispo africano san Florencio (s V) ou san Florencio de Estrasburgo (s VII), celebrado o 3 de xaneiro. Tamén houbo en Galicia un san Florencio que foi abade de Carracedo e que se celebra o 10 de decembro.