Flórez
Flórez
[HIST/HERÁLD]
Apelido patronímico, que se remonta á familia real astur dos Froila. Coa Reconquista esténdese pola Península; en Galicia entronca con outras importantes liñaxes como os Flores de Losada, que se estableceron en Valdeorras. As súas armas levan, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro. Tamén se recolle coa forma Flores.