fluencia

fluencia

(< fluír)

  1. s f

    Acción e efecto de fluír.

  2. s f
    1. [FÍS]

      Deformación lenta experimentada por un corpo sometido a unha carga durante un tempo determinado.

    2. [CONSTR]

      Deformación experimentada polo asfalto debida a temperaturas elevadas e ao paso frecuente de cargas de tránsito importantes.

    3. [TECNOL]

      Deformación á que se someten certos materiais elásticos, como o aceiro, cando chegan ao límite do comportamento elástico sen un aumento apreciable do esforzo de atracción. No punto de fluencia deixa de ser válida a lei de Hooke.

  3. límite de fluencia [TECNOL]

    alor do esforzo de tracción no que comeza a presentarse o fenómeno de fluencia nun material.

Palabras veciñas

floxisto | Fluchthorn | flucitosina | fluencia | fluente | Flügge, gotas de | fluidal