fluído -da
(< lat fluĭdu)
-
adx
-
Aplícase á materia en estado líquido ou gasoso.
-
Aplícase ao líquido que é menos espeso do normal.
Ex: O leite desnatado é máis fluído ca o leite gordo.
-
-
adx
-
Que flúe facilmente.
Ex: O pedagogo tenta desenvolver o pensamento fluído dos cativos.
-
Que se realiza facilmente, sen problemas.
Ex: Pedían unha persoa cun inglés fluído. O tránsito pola cidade é fluído os domingos e festivos.
-
-
adx e s
m
[FÍS]
Sistema material composto por moléculas que se moven libremente no seu interior, unhas respecto ás outras, con pouca ou ningunha cohesión, o que lles permite adoptar a forma do recipiente que as contén. Son fluídos os líquidos e os gases, que se diferencian na concentración molecular, moito máis grande nos líquidos ca nos gases. Esta máis alta concentración fai que nos líquidos se teña que matizar a noción de liberdade de movemento das moléculas, porque non teñen a obriga de oscilar arredor dunhas posicións de equilibrio fixas, como pasa nos sólidos, e, amais, posibilita a aparición dunha serie de fenómenos, como a tensión superficial ou os fenómenos de contacto e de capilaridade, dos que son responsables as forzas intermoleculares residuais. A diferenza dos sólidos, nos que para conseguir un cambio de forma se teñen que exercer esforzos tanxenciais, os fluídos son os sistemas materiais nos que non se producen esforzos tanxenciais apreciables; se estes esforzos son notables fálase de fluídos viscosos. Os fluídos poden ser incomprensibles, se a súa densidade é independente da presión, ou compresibles; os gases son da segunda clase, mentres que practicamente todos os líquidos son da primeira. O estudio cuantitativo da dinámica dos fluídos é, en xeral, dunha gran complicación matemática. A maior parte das relacións cuantitativas elementais válidas para os fluídos derivan do principio de Bernoulli: os principios de Pascal, de Arquímedes ou de Torricelli, o efecto Venturi, etc. M. Faraday considerou como fluídos os campos eléctricos e os magnéticos, e tamén se considerou así a corrente eléctrica; sen embargo, non son verdadeiros fluídos.
-
fluído activo
[TECNOL]
Fluído que proporciona o traballo necesario no funcionamento de calquera máquina que produce movemento, como pode ser a mestura aire-combustible nos motores de combustión ou o vapor de auga nas máquinas de vapor.