1 foca
1 foca
(< lat phoca < gr ϕώκη)
s
f
[ANIMAL]
Mamífero acuático, da familia dos fócidos, caracterizado por presentar as extremidades reducidas e modificadas en forma de aleta, que no caso das posteriores non poden dobrar cara a adiante por debaixo do corpo. A pel dos adultos aparece maiormente desprovista de pelo. Tampouco teñen pavillón auditivo, o que mellora as súas condicións hidrodinámicas.