Fócida

Fócida

Nomós da rexión de Grecia Central, ao N do golfo de Corinto (2.120 km2; 48.884 h [1991]). A capital é Amfissa (7.156 h [1981]). É moi montañosa, con altitudes de máis de 2.000 m, e está formada por concas separadas por serras que se comunican por medio de desfiladeiros tallados polos ríos que son de réxime torrencial. A poboación, escasa, dedícase á agricultura e á gandería. A rexión foi habitada dende finais do Neolítico e durante a Antigüidade converteuse nunha rexión sagrada pola existencia no seu territorio do santuario de Delfos. Na súa expansión colonizadora fundou a cidade de Focea en Asia Menor. Posteriormente, a súa historia identificouse coa da cidade de Delfos.

Palabras veciñas

fochicada | fochicar | focho | Fócida | fócido -da | Focillon, Henri | fociñada