folada

folada

(< lat Pholas)

Nome científico: [Pholas dactylus, Orde dosmioideos]
s f [ANIMAL]

Bivalvo de cunchas elípticas, de ata 120 mm de lonxitude, delgadas, entreabertas nos dous extremos, con finas costelas e dentes na súa superficie, que é de cor branca ou cinsenta. Os sifóns aparecen unidos e teñen unha ou dúas veces o tamaño das cunchas. Vive no interior de buracos, que eles mesmos fabrican, en pedras brandas ou madeiras mergulladas. Ten propiedades luminescentes, que se manifestan nos contornos do animal, que aparecen na escuridade cunha tenue cor azulada. Está presente no Mar Mediterráneo e no Mar Negro, e no Océano Atlántico, dende as Illas Británicas ata Marrocos. Nalgúns países a carne é moi apreciada para o consumo humano.