fólico, ácido
fólico, ácido
Nome científico:
[ácido pteroilglutámico: C<sub> 19</sub> H<sub> 19</sub> N<sub> 7</sub> O<sub> 6</sub> ]
[BIOQ]
Substancia que forma parte do complexo vitamínico B. Está amplamente difundida nas follas verdes das plantas, no fígado e no lévedo de cervexa. Dentro do organismo transfórmase en ácido folínico, a forma bioloxicamente activa, que participa como coenzima en reaccións do metabolismo dos aminoácidos, purinas e pirimidinas. En medicina emprégase no tratamento das anemias megaloblásticas e, durante a xestación, como prevención de posibles defectos do tubo neural no embrión. Tamén recibe o nome de folacina.