fonometría

fonometría

(< fono- + -metría)

  1. s f [LING]

    Ciencia fundada cara ao 1936 por E. e K. Zwirner co fin de establecer con criterios estatísticos a estrutura fonolóxica das linguas. Este procedemento serve para determinar leis sobre a complexidade e cambio fonemáticos de acordo coa frecuencia de uso.

  2. s f [FÍS]

    Medición da intensidade dos sons.

Palabras veciñas

fonoloxía | fonolóxico -ca | fonoloxización | fonometría | fonométrico -ca | fonómetro | fonón