fontanela
fontanela
(< fontana)
s
f
[ANAT]
Membrana que separa os ósos do neurocranio dos mamíferos placentarios nos primeiros estadios de vida e que permite o seu crecemento. No caso dos humanos, os ósos do cranio permanecen separados ata os 12 ou 18 meses de vida e, posteriormente, a medida que se desenvolven, fusiónanse, de xeito que desaparecen as fontanelas. As principais son a anterior, que está na unión das suturas frontal coronal e saxital, e a posterior, que se localiza na unión das suturas lamboide e saxital.