Fontefiz, pazo de
Fontefiz, pazo de
Construción situada en Ucelle (Coles). Ten planta en forma de U, con dúas alturas, pero coas ás laterais de diferente tamaño, de xeito que se forma un patio con planta en forma de L. No patio sitúase un balcón apoiado en seis canzorros. Os escudos que conserva fan referencia aos Nóvoa, Puga, Arias, Vilamartín, Toubes, Temes, Rajoy, Deza, Cardórniga, Bóveda e Salgado. Conserva unha capela pegada, un hórreo e un pombal. Está cercado por un muro.