Fontelaxe, pazo de

Fontelaxe, pazo de

Construción situada en San Xoán de Ribeiras de Lea (Castro de Rei). Ten planta rectangular alongada de dúas alturas. A capela e o alpendre están unidos ao corpo principal e o conxunto adoita a forma de U e forma un patio. Pegada á fachada está a escaleira de acceso á planta superior.