Fóra, San Pedro de
Fóra, San Pedro de
Antigo mosteiro situado fóra das murallas de Santiago de Compostela. Non se sabe a súa data de fundación, mais xa existía en 1117. Os Reis Católicos e o Papa Inocencio VIII unírono ao mosteiro de San Martiño Pinario en 1487, feito que se confirmou por unha bula de Alexandre VI en 1493. As súas ruínas demoléronse en 1839.